Gómez Failde Chantada
Herboristería, Parafarmacia, Dietética, Nutrición y, desde hace 25 años, Centro de Análisis Cl? Amplía información en nuestra web: https://www.gomezfailde.com/
Herboristería, Parafarmacia, Dietética, Nutrición y, desde hace 25 años, Centro de Análisis Clínicos.
05/10/2026
✨ Este outubro, coidar a túa pel ten desconto en Gómez-Failde!
Durante todo o mes, tes 3 € de desconto desde a primeira unidade de produtos Acniben de ISDIN. 💚
Achégate e axudámosche a escoller os produtos que mellor se adapten á túa rutina de coidado.
📍 Agardámoste en Gómez-Failde, en Chantada!
01/10/2026
CREMA DE CABAZA E LANGOSTINOS 🎃🦐
Cando comezan a baixar as temperaturas, o corpo pídenos pratos quentes e reconfortantes. En Gómez-Failde traémosvos unha opción deliciosa, moi fácil de preparar e nutricionalmente perfecta para esta época do ano.
💡 Por que nos encanta esta receita a nivel nutricional?
🔸Cabaza de tempada: Carga extra de beta-carotenos (antioxidantes) e fibra para coidar da túa saúde intestinal e reforzar o sistema inmune.
🔸Proteína de calidade: Os langostinos aportan proteína magra de alto valor biolóxico, baixa en graxas e súper saciante.
🔸Plato lixeiro e reconfortante: Unha cea ideal para dixerir ben e descansar mellor.
🛒 Ingredientes:
400 g de cabaza 🎃
200 g de pataca 🥔
100 g de cebola 🧅
30 g de aceite de oliva virxe extra 🫒
12 langostinos grandes (ou gambóns) 🦐
2 dentes de allo 🧄
Sal e pementa 🧂
Un puñado de pipas de cabaza 🌻
👩🍳 Paso a paso:
1. O fumet: Pela os langostinos e reserva os corpos. Nunha pota cun chorriño de aceite, refoga un pouco de cebola e allo. Engade as cunchas/cabezas, sofreitante 1 minuto, engade 1 litro de auga e deixa cocer 30 min.
2. A crema: Noutra pota, refoga a cebola en aceite durante 5 min. Engade a cabaza picada e a pataca. Verte uns 700 g do fumet preparado e cociña ata que estea todo tenro. Batemos ben co turmix ata conseguir unha textura suave.
3. Os langostinos: Nunha tixola con uns alliños picados, saltea os langostinos en tres cachos cun carabuño de sal. Só uns segundos para que queden xugosos!
4. Emplatado: Servir a crema ben quente, colocar os langostinos por enriba, un toque de pementa negra e o puñado de pipas de cabaza para darlle un toque crocante.
29/09/2026
Sentes o cansazo do outono? 🍂
Conforme chega o frío e os días fáxanse máis curtos ❄️, o noso corpo precisa un extra de enerxía e protección ⚡️.
En Gómez-Failde axudámoste a preparar o teu organismo para o inverno de forma natural 🌿.
Reforza as túas defensas e coida dos teus cos nosos produtos estrela ⭐:
· 🪵 Equinácea e Própole: Os teus mellores aliados naturais contra os primeiros arrefriados 🤧.
· 🍯 Xelea Real: O impulso de enerxía natural que precisas para combater a astenia do outono 🔋.
· 🍊 Vitamina C e D: Imprescindibles para manter o sistema inmune ao 100% 💪.
Ven visitarnos e asesorarémoste de forma personalizada para atopar o que o teu corpo precisa 🩺✨.
25/09/2026
Completa a túa rutina e coida a túa pel coa mellor protección! ✨
Protexer e coidar a túa pel ten premio en Gómez-Failde 💙. Aproveita a nosa nova promoción de ISDIN e renova os teus imprescindibles para o coidado facial e solar.
🎁 -10€ na 2ª unidade pola compra de 2 produtos das gamas:
☀️ ISDIN Fotoprotector
✨ ISDINceutics
É o momento perfecto para combinar a túa fotoprotección diaria cos mellores tratamentos sérum, antioxidantes ou antienvellecemento da marca.
🗓️ Dispoñible do 26 de setembro ao 11 de outubro.
📍 Visítanos en Gómez-Failde e déixate aconsellar para atopar a combinación ideal para a túa pel!
23/09/2026
Queres gañar un dos dous vales de 500 euros que se van sortear no MercaSacra?
Garda os tickets das compras feitas en Gómez-Failde e no resto das tendas do Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra entre o 21 e o 26 de setembro e lévaos ao MercaSacra: ademais dun agasallo, daranche unha participación para o sorteo!
18/09/2026
🍂 Setembro: época de cambios… tamén para o teu cabelo 💇♀️✨
Notaches máis cabelo no cepillo, na ducha ou incluso na almofada? 👀 Coa chegada do outono é habitual percibir un aumento da caída capilar. Na maioría dos casos, trátase dun proceso normal asociado ao ciclo natural de renovación do cabelo. 🌿
O cabelo atravesa distintas fases: crecemento, transición e repouso, ata que finalmente cae para deixar paso a un novo. 🔄 A finais do verán e durante o outono pode aumentar o número de cabelos nesta última fase, polo que é frecuente notar máis caída durante unhas semanas.
👉 Pero isto non significa necesariamente que esteas perdendo densidade capilar.
Para coidar o teu cabelo nesta etapa, podes incorporar algúns hábitos sinxelos:
🥗 Mantén unha alimentación variada e equilibrada, rica en proteínas, vitaminas e minerais.
🎀 Evita peiteados demasiado tirantes e reduce agresións como os cepillados bruscos ou o uso de ferramentas de calor sen protección.
🚿 Lava o cabelo con auga morna e remata con auga fría para axudar a selar a cutícula.
🧴 Utiliza produtos adaptados ao teu tipo de caída, xa que unha caída estacional non necesita os mesmos coidados ca unha caída progresiva.
💚 Tes dúbidas sobre a túa caída capilar?
En Gómez-Failde podemos axudarche a identificar o teu tipo de caída e a escoller os coidados máis axeitados para fortalecer o teu cabelo. ✨
15/09/2026
Setembro fáiseche costa arriba? 🍂
Entre as comidas do verán e a volta á rutina, é normal sentir o corpo máis pesado e as dixestións máis lentas. É hora dun reseteo completo! ✨
👌🏼Con Cynasine Detox Ampollas, axudas ao teu fígado a eliminar toxinas e a recuperar a túa lixeireza natural.
Só necesitas unha ampola ao día antes do almorzo —ou diluída na túa botella de auga— para comezar o día con enerxía. 💧
Dálle ao teu corpo o novo comezo que merece este mes! 💜
10/09/2026
🎒Mochila lista. E o neceser de protección?
😅A volta ao cole significa reencontrarse cos amigos, pero tamén chega a tempada oficial dos “visitantes inesperados” no cabelo e dos cambios bruscos de clima que afectan á pel infantil.
Evita sorpresas este curso cos nosos tres imprescindibles:
· Liña antipiollos: sprays repelentes de uso diario para mantelos afastados de forma natural. 🪮
· Fotoprotección escolar: o sol segue pegando no patio; un stick solar na mochila é o seu mellor aliado. ☀️
· Bálsamo reparador: para as rozaduras dos zapatos novos ou as primeiras caídas no recreo. 🩹
Visítanos hoxe en Gómez-Failde e prepara o seu escudo protector para un curso sen interrupcións.
07/09/2026
🩺 COMO VOLVEU O TEU CORPO DAS VACACIÓNS?
Setembro é tempo de novos comezos, de recuperar rutinas e de marcar obxectivos. Pero antes de comezar unha dieta, apuntarte ao ximnasio ou tomar suplementos, sabes realmente que necesita o teu organismo?
Os cambios de horarios e hábitos do verán poden reflectirse en parámetros como a glicosa, o colesterol ou as transaminasas. Ademais, esta época pode ser un bo momento para valorar, con criterio profesional, os niveis de vitamina D e outros indicadores do teu estado de saúde.
No laboratorio de Análises Clínicas de Gómez-Failde poñémoscho doado. Un chequeo analítico, sempre indicado e interpretado por profesionais, pode axudarche a:
✅ Detectar posibles carencias vitamínicas ou anemias.
✅ Coñecer os teus niveis de glicosa e o perfil lipídico.
✅ Adaptar a túa alimentación e suplementación ás túas necesidades reais.
✅ Retomar a rutina con información fiable sobre a túa saúde.
Sen longas esperas e coa máxima fiabilidade.
Coídate desde dentro.💜
02/09/2026
🥗 ENSALADA DE FIGOS: SABOR E NUTRICIÓN DE TEMPADA
Os figos están no seu mellor momento, así que aproveitamos para preparar unha ensalada fresca, completa e chea de contrastes. Unha combinación que achega fibra, vitaminas, proteínas e graxas saudables, ideal para g***r dunha comida nutritiva sen renunciar ao sabor.
🛒 Ingredientes:
• 3 tomates
• Mestura de brotes tenros
• 100 g de queixo rulo de cabra
• 50 g de froitos secos variados
• 8 figos frescos
• Aceite e vinagre
• 1 noz de manteiga
👩🍳 Preparación:
Cortamos os tomates en rodas e colocámolos nunha fonte. Engadimos por riba os brotes tenros, o queixo esmiuzado e os froitos secos picados en anacos grosos.
Cortamos os figos pola metade ou en cuartos e pasámolos pola tixola cun pouco de manteiga. Cando estean lixeiramente dourados, incorporámolos á ensalada.
Aderezamos con aceite e vinagre… e xa está lista para servir!
Un prato sinxelo, colorido e moi apetecible para aproveitar os produtos de finais do verán. Gardade a receita para preparala na casa. 💚
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contactar con la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Avenida De Monforte, 1
Chantada
27500
Horario de apertura
| Lunes | 09:00 - 14:00 |
| 16:30 - 20:00 | |
| Martes | 09:00 - 14:00 |
| 16:30 - 20:00 | |
| Miércoles | 09:00 - 14:00 |
| 16:30 - 20:00 | |
| Jueves | 09:00 - 14:00 |
| 16:30 - 20:00 | |
| Viernes | 09:00 - 14:00 |
| 16:30 - 20:00 | |
| Sábado | 10:00 - 14:00 |
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Gómez Failde Chantada publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.
